Ir al contenido principal

Festival Aturuxo 2026 – XIV Edición – Bravos, Ourol – 18 de xullo

Categorías
Novas 2026

Vimbio únense ó cartel do Festival Aturuxo 2026!

Vimbio únense ó cartel do Festival Aturuxo 2026!

26/05/2026

Este 18 de xullo estarán con nós os Pandereteiros do Inferno, preparados para poñer Bravos a cantar, bailar e aturuxar desde ben cedo 💥

Foliada, festa e moita retranca para seguir vivindo o festival como máis nos gusta 🐗🎶Dende Ponteareas chega ao XIV Festival Aturuxo a parte máis cañera desta edición 🔥

Vimbio aterra en Bravos coa súa mestura explosiva de metal dos 90 e 2000 co flow contundente de Álex Arnoso, voz coñecida por moitos polo seu traballo en SonDaRúa 🎤⚡

Con guitarras potentes, ritmos demoledores e unha proposta fresca que vén revolucionar a escena metal galega, Vimbio chega disposto a facer tremer o festival. O seu primeiro disco, “Comeza o Xogo”, xa deixa claro que veñen preparados para poñer o público a saltar sen descanso 🤘

Se o voso é o ruído, a enerxía e os directos intensos… o 18 de xullo tedes unha cita obrigatoria en Bravos 💥

Categorías
Novas 2026

Sabela tamén se une á festa do Festival Aturuxo 2026!

Sabela tamén se une á festa do Festival Aturuxo 2026!

25/06/2025

Subiu ao escenario do Aturuxo nas primeiras edicións, formou parte da organización e do voluntariado durante moitos anos… e este verán volve a Bravos dunha maneira moi especial 💛

O 18 de xullo teremos con nós a Sabela, nun concerto que promete ser deses que se viven coa pel de galiña, cantando, saltando e vibrando de principio a fin ✨

Para ela será unha noite moi emotiva. Para nós, un orgullo enorme tela de volta no festival que tamén é a súa casa 🐗🎶

Categorías
Novas 2026

A Banda da Balbina volve a Bravos!!

A Banda da Balbina volve a Bravos!!

18/06/2025

Aló polo 2015 chegaron a Bravos para montar unha daquelas festas que aínda hoxe moita xente segue lembrando 🍻🔥

Desde aquela, ano tras ano, fostes moitos os que nos preguntastes por eles, os que pedistes a súa volta e os que nunca esquecestes aquela noite. E claro… se algo ten o Aturuxo é que tamén se constrúe escoitando á xente que lle dá vida 💥

Así que este ano tocaba facervos caso: A Banda da Balbina volve ao Festival Aturuxo para traer de novo toda a súa música, o seu humor e esa maneira tan súa de converter cada concerto nunha auténtica festa 🎶🐗

Preparade as ganas de cantar, bailar e botar unhas boas risas, porque o 18 de xullo Bravos vai volver vivir outra noite histórica da man dunha banda que xa forma parte da historia do festival
Categorías
Novas 2026

Tumba e Dalle no Festival Aturuxo 2026 en Bravos!!

Tumba e Dalle no Festival Aturuxo 2026 en Bravos!!

18/06/2025

O ano pasado tivemos a sorte de contar con eles na presentación do festival, e desde aquel día soubemos que tarde ou cedo tiñan que pasar polo escenario do Aturuxo 💥

Porque se algo teñen Tumba e Dalle é esa capacidade de converter calquera serán nunha festa das que quedan na memoria: música tradicional, foliada, baile e unha enerxía que encaixa á perfección co espírito do noso festival 🪗🔥

Así que este 18 de xullo, Bravos vai volver tremer ao ritmo das pandeiretas, do acordeón e dos mellores puntos de baile. Ide quentando pernas, afinando os aturuxos e preparando ganas de festa, porque prometen facer das súas 💃🍻
Categorías
Artistas/bandas 2026

Vimbio

Vimbio

Vimbio é unha banda galega que aposta por un son directo, intenso e de forte pegada. A súa música mestura rap metal, nu metal, punk, hardcore e rock cunha actitude combativa e unha clara vontade de levar o galego a territorios sonoros duros, eléctricos e pouco convencionais dentro da escena actual.

O proxecto destaca pola forza das guitarras, a presenza rítmica e unha interpretación vocal pensada para conectar coa enerxía do directo. Cancións arredor do seu universo creativo funcionan como unha chamada ao movemento, á descarga e á participación do público, situando a banda nun espazo onde conflúen a contundencia do metal e a expresividade urbana.

O seu punto máis salientable é a creación dun son galego pesado, actual e sen complexos, dirixido a públicos que procuran intensidade, identidade lingüística e unha proposta escénica con carácter propio.

Categorías
Artistas/bandas 2026

Pandereteiros do Inferno

Pandereteiros do Inferno

Pandereteiros do Inferno é unha agrupación de música tradicional vinculada a Ribadeo que centra a súa proposta no canto popular e na percusión de man. O grupo parte da forza da pandeireta, das voces e da tradición oral para levar ao escenario unha expresión musical directa, comunitaria e chea de carácter.

A súa proposta destaca pola recuperación e reinterpretación de materiais populares nun formato escénico pouco habitual: un grupo masculino de canto e pandeireta que reivindica a vitalidade da tradición desde unha presenza propia. O seu repertorio conecta con foliadas, encontros populares e celebracións nas que a música funciona como espazo de participación.

O seu punto máis salientable é a singularidade da súa proposta: tradición, voces, ritmo e identidade colectiva nun formato que pon en valor a música popular galega desde unha mirada próxima, festiva e moi recoñecible.

O seu punto máis salientable é a singularidade da súa proposta: tradición, voces, ritmo e identidade colectiva nun formato que pon en valor a música popular galega desde unha mirada próxima, festiva e moi recoñecible.

Categorías
Artistas/bandas 2026

A Banda da Balbina

A Banda da Balbina

A Banda da Balbina é un proxecto musical galego cunha identidade festiva, retranqueira e moi próxima á cultura popular. A súa proposta nace da vontade de facer cancións en galego cun ton fresco, participativo e recoñecible, combinando humor, crítica amable e un forte sentido de pertenza ao país.

O grupo móvese entre o folk, o ska, a música de autor, a tradición galega e a verbena, cun repertorio pensado para gozar en directo e para crear complicidade co público. As súas cancións teñen un carácter narrativo e celebrativo, con letras que conectan coa vida cotiá, coa festa e cunha maneira moi galega de mirar o mundo.

O seu punto máis salientable é a capacidade de converter cada actuación nun espazo de encontro: música en galego, retranca, ritmo e participación colectiva cunha personalidade que a fai especialmente acaída para programacións culturais, festas e escenarios populares.

Categorías
Artistas/bandas 2026

Sabela

Sabela

Sabela Ramil é unha das voces máis recoñecibles da nova música galega, cun proxecto que se move entre o pop electrónico, a canción de autora e unha sensibilidade moi ligada á terra. Despois de darse a coñecer como finalista de Operación Triunfo 2018, construíu unha carreira propia na que a lingua galega, a memoria familiar e a paisaxe rural funcionan como materia creativa, non só como elemento estético.

A súa proposta combina bases actuais, melodías accesibles e unha vontade clara de conectar co público sen renunciar á identidade. En traballos como Despedida, Ceniza ou o EP Bríllanche os olliños mestura sonoridades contemporáneas con referencias á vida rural, ás lendas, aos oficios e a figuras da cultura galega como Maruja Mallo. O seu punto máis salientable é precisamente esa capacidade para levar o imaxinario local a unha linguaxe sonora moderna, coidada e facilmente programable tanto en escenarios de festival como en eventos culturais.

Categorías
Artistas/bandas 2026

Tumba e dalle

Tumba e Dálle

Tumba e Dálle é unha formación de música tradicional galega vinculada á Mariña lucense. O grupo traballa cunha sonoridade de raíz na que conviven gaita, acordeón diatónico, clarinete, percusión tradicional, pandeireta e voces, construíndo unha proposta próxima, viva e recoñecible.

A súa música sitúase no ámbito do folk de proximidade e da tradición popular galega, cun repertorio pensado para escenarios, foliadas, festas e encontros culturais. A formación mantén unha ligazón especial co territorio, coa transmisión oral e cos xeitos de tocar e cantar que forman parte da memoria musical da comarca.

O punto máis salientable de Tumba e Dálle é a súa capacidade para representar a música da Mariña desde unha perspectiva participativa: un grupo con son de terra, festa e tradición compartida, ideal para propostas culturais que queiran poñer en valor a música popular galega.

Categorías
Novas 2025

Festa Presentación do Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición en A Sacabeira, Sargadelos

Festa Presentación do Festival Aturuxo 2025 - XIII Edición en A Sacabeira, Sargadelos

02/06/2025

Tomade nota, xente! O vindeiro 14 de xuño celebramos a Festa Presentación do Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición en A Sacabeira, Sargadelos! 🎉 Cando algo funciona, repítese… e non podía faltar unha nova presentación en A Sacabeira! 💜. Este ano traemos dobre dose de troula e música da boa coas actuacións de:
 
🔥 Pandereteiros do Inferno
🥁 Tumba e Dálle
 
E como sempre…
 
🍖 Churrasco
🥗 Opción vegana
🎁 Sorteos e sorpresas para todas/os!
 
Estades todas/os convidadas/os a vir darlle comezo ao verán con nós. Que se escoite ben o aturuxo!🔥🔥🐗🐗