Festival Aturuxo 2026 – XIV Edición – Bravos, Ourol – 18 de xullo

Categorías
Novas 2026

Xa está aquí o cartel completo do XIV Festival Aturuxo!

Xa está aquí o cartel completo do XIV Festival Aturuxo!

15/06/2026

Dous días para celebrar a música, a tradición e a cultura popular nun entorno único. Foliadas, sesión vermú, xogos populares, circo, billarda e unha noite de concertos que promete facer tremer Bravos ata altas horas. 🔥


📅 17 e 18 de xullo
📍 Bravos (Ourol)
🎟️ Entrada e acampada de balde


Veñen de volta os reencontros, as cantigas ao redor da mesa, os bailes improvisados e ese ambiente que fai do Aturuxo algo especial cada ano. 💛


Quen se apunta a vivir unha fin de semana inesquecible? 🍻🎻

Categorías
Novas 2026

Xa chegou o merch do Aturuxo!

Xa chegou o merch do Aturuxo!

04/06/2026

🔥 Xa chegou o merch do Aturuxo! 🔥
Porque un día de festival non chega para gardar todos os recordos, leva o Aturuxo contigo todo o ano.✨

Faite co teu antes de que voen e presume de ser parte dunha das fins de semana máis especiais do verán.🐗

🖌️👨‍🎨: @davixino

Categorías
Novas 2026

Xa quenta motores o XIV Festival Aturuxo!

Xa quenta motores o XIV Festival Aturuxo!

01/06/2026

O vindeiro 13 de xuño vémonos en A Sacabeira – Sargadelos para celebrar a nosa festa presentación 🎉

🕢 Ás 19:30 presentaremos o cartel oficial desta nova edición do festival.
🎶 Ás 20:30 teremos o directo de ALOVAI para facer tremer a noite.

E ademais…
🎁 Sorteos e merchandising
🥩 Churrasco e 🌱opción vegana á venda.
🍻 Moitas ganas de Aturuxo, música e comunidade.