Festival Aturuxo 2026 – XIV Edición – Bravos, Ourol – 18 de xullo

Categorías
Novas 2026

Vimbio únense ó cartel do Festival Aturuxo 2026!

Vimbio únense ó cartel do Festival Aturuxo 2026!

26/05/2026

Este 18 de xullo estarán con nós os Pandereteiros do Inferno, preparados para poñer Bravos a cantar, bailar e aturuxar desde ben cedo 💥

Foliada, festa e moita retranca para seguir vivindo o festival como máis nos gusta 🐗🎶Dende Ponteareas chega ao XIV Festival Aturuxo a parte máis cañera desta edición 🔥

Vimbio aterra en Bravos coa súa mestura explosiva de metal dos 90 e 2000 co flow contundente de Álex Arnoso, voz coñecida por moitos polo seu traballo en SonDaRúa 🎤⚡

Con guitarras potentes, ritmos demoledores e unha proposta fresca que vén revolucionar a escena metal galega, Vimbio chega disposto a facer tremer o festival. O seu primeiro disco, “Comeza o Xogo”, xa deixa claro que veñen preparados para poñer o público a saltar sen descanso 🤘

Se o voso é o ruído, a enerxía e os directos intensos… o 18 de xullo tedes unha cita obrigatoria en Bravos 💥

Categorías
Novas 2026

Sabela tamén se une á festa do Festival Aturuxo 2026!

Sabela tamén se une á festa do Festival Aturuxo 2026!

25/06/2025

Subiu ao escenario do Aturuxo nas primeiras edicións, formou parte da organización e do voluntariado durante moitos anos… e este verán volve a Bravos dunha maneira moi especial 💛

O 18 de xullo teremos con nós a Sabela, nun concerto que promete ser deses que se viven coa pel de galiña, cantando, saltando e vibrando de principio a fin ✨

Para ela será unha noite moi emotiva. Para nós, un orgullo enorme tela de volta no festival que tamén é a súa casa 🐗🎶

Categorías
Novas 2026

A Banda da Balbina volve a Bravos!!

A Banda da Balbina volve a Bravos!!

18/06/2025

Aló polo 2015 chegaron a Bravos para montar unha daquelas festas que aínda hoxe moita xente segue lembrando 🍻🔥

Desde aquela, ano tras ano, fostes moitos os que nos preguntastes por eles, os que pedistes a súa volta e os que nunca esquecestes aquela noite. E claro… se algo ten o Aturuxo é que tamén se constrúe escoitando á xente que lle dá vida 💥

Así que este ano tocaba facervos caso: A Banda da Balbina volve ao Festival Aturuxo para traer de novo toda a súa música, o seu humor e esa maneira tan súa de converter cada concerto nunha auténtica festa 🎶🐗

Preparade as ganas de cantar, bailar e botar unhas boas risas, porque o 18 de xullo Bravos vai volver vivir outra noite histórica da man dunha banda que xa forma parte da historia do festival
Categorías
Novas 2026

Tumba e Dalle no Festival Aturuxo 2026 en Bravos!!

Tumba e Dalle no Festival Aturuxo 2026 en Bravos!!

18/06/2025

O ano pasado tivemos a sorte de contar con eles na presentación do festival, e desde aquel día soubemos que tarde ou cedo tiñan que pasar polo escenario do Aturuxo 💥

Porque se algo teñen Tumba e Dalle é esa capacidade de converter calquera serán nunha festa das que quedan na memoria: música tradicional, foliada, baile e unha enerxía que encaixa á perfección co espírito do noso festival 🪗🔥

Así que este 18 de xullo, Bravos vai volver tremer ao ritmo das pandeiretas, do acordeón e dos mellores puntos de baile. Ide quentando pernas, afinando os aturuxos e preparando ganas de festa, porque prometen facer das súas 💃🍻