Festival Aturuxo 2026 – XIV Edición – Bravos, Ourol – 18 de xullo

Pajarito

Pajarito é un dos referentes do humor próximo e desenfadado, cun estilo baseado na improvisación, a observación da vida cotiá e a retranca. Os seus espectáculos conectan rapidamente co público grazas a unha combinación de espontaneidade, enxeño e situacións recoñecibles que provocan gargalladas de principio a fin.