Festival Aturuxo 2024 – XII Edición – Bravos, Ourol – 19 e 20 de xullo

Categorías
Novas 2024

Pechamos rolda anunciando a Loita Amada!!

Pechamos rolda anunciando a Loita Amada!!

Loita Amada - Festival Aturuxo 2024 - XII Edición

21/03/2024

Adiantábamolo no seu recente concerto en El Garaje en Viveiro e agora anunciámolo oficialmente. Loita Amada traerán ó Festival Aturuxo a súa mestura de rock, punk e música tradicional para convertir o noso escenario nunha auténtica celebración da cultura e a música galega!

Rematamos así esta primeira rolda de anuncios pero non sen antes convidarvos a que non lle quitedes ollo tanto ás nosas redes sociais coma á nosa páxina web porque non tardaremos en voltar con máis novidades. Lume!

Categorías
Novas 2024

Catuxa Salom tamén se une ó Festival Aturuxo 2024!!

Catuxa Salom tamén estará no Festival Aturuxo 2024!!

19/03/2024

Este ano gozaremos da actuación dunha das artistas máis vibrantes e innovadoras do panorama musical galego actual. Dende o escenario do noso festival embarcaranos nunha viaxe por sons tradicionais galegos que ela mesma reinventa para o público de hoxe mesturándoos con sonoridades modernas dando así lugar ó seu estilo único. Ídevola perder?

Mañá outro anuncio!

Lume!

Categorías
Novas 2024

A Pedreira estará no Festival Aturuxo 2024!!

A Pedreira estará no Festival Aturuxo 2024!!

18/03/2024

Nesta edición contaremos cunha das voces máis recoñecibles e queridas da música galega, a de Ugía Pedreira. Arte e paixón mesturaránse con tradición e modernidade no escenario do Festival Aturuxo 2024 da man desta gran artista.

Mañá outro anuncio!

Lume!