Festival Aturuxo 2023 – XI Edición – Bravos, Ourol – 28 e 29 de xullo

Categorías
Novas 2023

Pauliña!!

Pauliña!!

Pauliña

16/04/2023

Pechamos a rolda de anuncios con Pauliña, unha das artistas galegas máis recoñecidas e versátiles do momento!! Nesta edición do festival poderemos gozar da súa potente e expresiva voz coa que mestura xéneros coma o rock, o blues, o country ou o hip-hop con letras sinceras e reivindicativas!!

Lume!!

Categorías
Novas 2023

Mekanika Rolling Band!!

Mekanika rolling band!!

15/04/2023

Mekanika Rolling Band traerán ó Festival Aturuxo 2023 a súa fusión de rock, ska, reggae e funk coa tradición musical galega!! Máis de dez anos levan estes coruñeses ofrecendo actuacións a pé de rúa cheas de vitalidade, humor e compromiso social por todo o territorio galego!! 

Mañá último anuncio! Lume!!

Categorías
Novas 2023

García Mc & Nación Quilombo!!

GARcía MC & nación quilombo!!

14/04/2023

García Mc & Nación Quilombo tamén se suman ó cartel do Festival Aturuxo 2023!! García Mc, referente do hip-hop galego e Nación Quilombo, o seu último proxecto, no que fusiona ritmos de África, América Latina e Asia co rap, crearán unha mestura explosiva de enerxía e diversidade no escenario do noso festival!! Mañá outro anuncio!! Lume!!

Categorías
Novas 2023

Arrhythmia!!

Arrhythmia!!

12/04/2023

Arrhythmia tamén se unen á XI Edición do Festival Aturuxo!! Os lucenses, liderados por Alberto Busto, serán os encargados este ano de subir os decibelios no festival a base de riffs e letras contundentes combinando rock, metal, rap e electrónica!! Mañá outro anuncio!! Lume!!