Festival Aturuxo

Categorías
Novas 2022

Así queda conformado o cartaz da X Edición do Festival Aturuxo!!

📜📜 Así queda conformado o cartaz da X Edición do Festival Aturuxo!!

  • A Banda da Loba
  • Festicultores
  • Machina
  • Pesdelán
  • Peter Punk
  • Pulpiño Viascón
  • Rebeliom do Inframundo

Seguide atentas e atentos ás nosas redes sociais! Lume!!

🐗🐗🔥🔥

Festival Aturuxo 2022 - X Edición
Categorías
Bandas 2022

Rebeliom do Inframundo

Rebeliom do Inframundo

Rebeliom do Inframundo é a día de hoxe un dos referentes do rap máis duro e combativo da escea galega. Mesturan letras de fonda carga crítica social con pegañentos sons, scratches e ritmos HIP-HOP.

Os de Ponteareas comenzaron a súa ascendente carreira aló polo 2005. Tras unha maqueta inicial, tres álbumes de estudio e incontables concertos por salas e festivais de toda a xeografía galega chegan ó presente 2022 no seu mellor momento todavía colleitando eloxios por parte de público e crítica do seu álbum Ilegal de 2019 e presentando xa novos temas do que será o seu novo álbum.

Categorías
Novas 2022

Pulpiño Viascón!! Home orquestra e clown faranos bailar cos seus instrumentos clásicos e cachivaches tecnolóxicos!

💣💣 Pulpiño Viascón!! Home orquesta e clown faranos bailar cos seus instrumentos clásicos e cachivaches tecnolóxicos!🔥🔥

Despois de anos tocando por Europa, agora dende A Coruña, virá con cancións propias e grandes éxitos dos grupos dos que forma parte!

Mañá outra nova confirmación! Lume!!

🐗🐗🔥🔥

Categorías
Bandas 2022

Pulpiño Viascón

Pulpiño Viascón

Home orquestra e clown afincado en A Coruña percorreu toda Europa durante 25 anos tocando con bandas galegas coma Os Diplomáticos de Monte Alto, O Jarbanzo Negro ou Bonovo. Colaborou en discos de Manu Chao ou Susana Seivane, entre outros artistas. Polifacético onde os haxa tamén xirou en salas de teatro durante tres anos presentando Los libros arden mal co escritor Manuel Rivas e traballou nos circos Kran de Suíza e Ronkalli.

Toda esta dilatada experiencia artística Pulpiño Viascón vértea nos seus shows como A Organeta, A Musicleta ou Dallecopé nos que mestura o humor coa súa peculiar música nos que interpreta composicións propias ou das bandas nas que tocou axudado de acordeón, organillo, batería e diferentes cachivaches.

Categorías
Bandas 2022

Peter Punk

Peter Punk

Máis de 1000 funcións en varios países, programacións e espazos sitúan a Peter Punk coma un dos pallasos máis destacados e programados de Galicia.

Peter Punk Pallaso nace aló polo 2003 co espectáculo unipersoal “Chungo que te cagas” ó que lle seguirán, nos anos posteriores e de forma alterna, novos traballos unipersoales coma “A Chungatrona” e “Peor Imposible” e outros compartindo elenco con Brais das Hortas coma “Peter Punk e o neno imperdible” ou “Concerto Punkinfantil”. Todos eles o levarán a realizar actuacións en mostras, festivais e feiras en sete países de tres continentes.

Categorías
Novas 2022

Non todo vai ser música, tamén teremos unha boa sesión de humor con Peter Punk!

💣💣 Non todo vai ser música, tamén teremos unha boa sesión de humor con Peter Punk!🔥🔥

Convertido no Doutor Punkdemia presentaranos un espectáculo viral no que nos amosará a súa particular visión da pandemia!

Mañá outra nova confirmación! Lume!!

🐗🐗🔥🔥

Categorías
Novas 2022

Pesdelán tamén se unen ó cartaz da X Edición!

💣💣 Pesdelán tamén se unen ó cartaz da X Edición! 🔥🔥

Música e bailes para tódalas idades e niveles é o que nos trae esta formación integrada por músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal!

Mañá outra nova confirmación! Lume!!

🐗🐗🔥🔥

Categorías
Bandas 2022

Pesdelán

pesdelán

Coa súa música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos Pesdelán pretenden recuperar o espírito participativo das festas integrando a todas as persoas sen importar a idade, condición física ou experiencia.

Xorden da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal aló polo 2008.

Categorías
Bandas 2022

Machina

Machina

Logo de catro álbumes nos que grabaron entre 2007 e 2013 con productores da talla de Javier Abreu, Pablo Iglesias e Iago Pico, que os levaron a tocar en salas e festivais de toda a xeografía compartindo cartaz e escenario con bandas do calibre de S.A., Habeas Corpus, Sepultura ou Berri Txarrak, e tras un parón compositivo duns anos, Machina retoman a súa actividade no 2020 co anuncio dun novo traballo acompañado da confirmación da súa presenza nun dos escenarios do Resurrection Fest.