Festival Aturuxo 2024 – XII Edición – Bravos, Ourol – 19 e 20 de xullo

Pechamos rolda anunciando a Loita Amada!!

Loita Amada - Festival Aturuxo 2024 - XII Edición

21/03/2024

Adiantábamolo no seu recente concerto en El Garaje en Viveiro e agora anunciámolo oficialmente. Loita Amada traerán ó Festival Aturuxo a súa mestura de rock, punk e música tradicional para convertir o noso escenario nunha auténtica celebración da cultura e a música galega!

Rematamos así esta primeira rolda de anuncios pero non sen antes convidarvos a que non lle quitedes ollo tanto ás nosas redes sociais coma á nosa páxina web porque non tardaremos en voltar con máis novidades. Lume!