Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

Zé Pequeno

O burelés Zé Pequeno (Emilio López, ex-Skornabois), cantante e produtor de Safari Orquestra, leva anos facéndonos vibrar coas súas sesións cheas de enerxía. Cunha traxectoria marcada polos ritmos globais, soubo converterse nun dos DJs máis influentes de Galiza, levando a súa música a festivais, clubs e pubs tanto dentro como fóra das nosas fronteiras.

Residente durante anos en A Casa das Crechas en Compostela, Zé Pequeno mergullouse na World Music, explorando sons e tradicións de diversas culturas para crear sesións únicas que rompen barreiras e conectan públicos. Na pasada edición do Festival Aturuxo, xa conquistou ao público cunha actuación vibrante e inesquecible, e este ano promete superarse con outra sesión que non deixará indiferente a ninguén.