Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

espazo raións

Xogos interxeracionais

Peques e grandes poderán pasar a tarde do sábado divertíndose, a partir das 16.00h, con xogos populares para todas a idades, neste novo espazo. Haberá xogos con auga así que recomendamos que traiades muda!

Don Gelati

Na XIII edición do Festival Aturuxo, Don Gelati traerá unha actuación na que se mesturan técnicas clásicas de clown co ritmo da rúa e a estética do cinema mudo. O resultado? Un espectáculo visualmente impactante, divertido e cheo de momentos inesperados que te farán rir… e tamén quedar coa boca aberta! Será a partir das 19.45h!