Tecor Societário, unha banda galega con moito que dicir, será un dos pratos fortes do noso festival deste ano. Formada por músicos comprometidos coa nosa cultura e a nosa terra traerán ó noso escenario a súa mestura de punk, rock e folk.
Nados en Compostela aló polo 2017, as súas cancións son unha viaxe polos recunchos da nosa identidade, cunha enerxía que atrapa e unha mensaxe que fala de resistencia, amor e loita. O seu recén salido último álbum Ti qué vas facer? da boa conta diso.
Non perdas a oportunidade de escoitar a súa música en directo no Festival Aturuxo 2024!