A música de Os do 21 é unha celebración das raíces culturais de Galicia. Nela combinan elementos tradicionais con toques contemporáneos. Inclúen instrumentos como a gaita, a pandeireta, o bombo, o tambor ou a acordeón e as súas actuacións abranguen dende os tradicionais e populares cantos de taberna ata representacións de baile tradicional en mostras folclóricas e outro tipo de eventos. É por todo isto polo que non podían faltar no noso festival! Achegádevos a gozar e bailar con elas/es!