Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

Belém Tajes

Belém Tajes é unha das voces máis destacadas da canción de autora en Galicia. Cantante, compositora e especialista en musicoterapia, a súa traxectoria abrangue tanto a música tradicional como o pop e os sons latinos. Logo de formar parte de bandas de referencia como Luar na Lubre, Vudú, Aliboria ou Moura, e tras xirar con Vetusta Morla, emprende o seu proxecto en solitario cun estilo único e persoal.

En 2022 lanza o seu EP debut Un Mapa, inspirado na súa Arxentina natal, e en 2024 publica Amar o Mar, o primeiro ecodisco galego, cunha proposta que conecta a música coa conciencia ecolóxica e social. O seu traballo destaca pola fusión de sons, a profundidade das letras e unha sensibilidade artística que invita á introspección e ao movemento.