Festival Aturuxo 2024 – XII Edición – Bravos, Ourol – 19 e 20 de xullo

Tampouco podían faltar as Lambe Lambe!!

Anuncio Lambe Lambe

24/05/2024

Estas pandeireteiras e cantareiras de Vilalba entenden a música tradicional galega non só como un arte, senón como un xeito de vida. As súas voces e mans dan vida a cunchas, culleres, pandeiros, latas e tixolas nunha mestura de cantigas tradicionais recollidas, adaptacións e composicións propias! Achegarédevos a velas, non? Lume!