Festival Aturuxo 2024 – XII Edición – Bravos, Ourol – 19 e 20 de xullo

A Pedreira

Ugía Pedreira, unha das voces máis recoñecibles e queridas da música galega, será unha das artistas destacadas no noso festival. Coa súa voz única e a súa paixón pola música conquistou o corazón de moitos amantes da música en Galiza e máis alá.

Conectada profundamente coa nosa terra e cultura, faranos gozar da súa música que combina elementos tradicionais con influencias modernas creando un son único cheo de diversidades sonoras e culturais.

Ao longo da súa carreira demostrou unha habilidade impresionante para contar historias a través da súa música. As súas cancións, cheas de emoción e autenticidade, falan de amor, perda e a beleza da vida cotiá en Galicia.

No noso festival, presentará tanto das súas cancións máis queridas como das máis recentes entre as que cabe destacar Soltar.

Non perdas a oportunidade de ver a A Pedreira en directo no noso festival. Ven e descubre por que é unha das grandes voces da música galega!