Festival Aturuxo 2024 – XII Edición – Bravos, Ourol – 19 e 20 de xullo

8 de xuño Festa Presentación en A Sacabeira!!

Festa Presentación Festival Aturuxo 2024 - XII Edición en A Sacabeira

27/05/2024

Totade nota, xente! O vindeiro 8 de xuño terá lugar a Festa Presentación do Festival Aturuxo 2024 – XII Edición en A Sacabeira, Sargadelos. Cando algo é bo, repítese, e por iso é que non queriamos deixar pasar a oportunidade de facer, este ano tamén, a presentación oficial do noso festival coa maravillosa xente deste referente da cultura galega. Para tal ocasión non pode faltar música da boa e para iso contaremos coa actuación de Kedirán, que virán dende Compostela para facernos bailar e gozar a base de ben. Haberá racións de churrasco, opción vegana, sorteos e algunha que outra sorpresa. Estades todas/os convidadas/os. Lume!