Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

Zeltia Irevire no Festival Aturuxo 2025

08/05/2025

Mestura de sabedoría popular e vangarda sonora, Zeltia Irevire dálle forma a un estilo propio: Folk Tribal. 🎻🌌
A súa música é un ritual onde se atopan o bodhran, o bouzouki, a caixa de pimentón e o violín con sons electrónicos, creando unha paisaxe que soa a raíz e futuro.

Co seu primeiro LP Vacaloura e un novo repertorio baixo o brazo, chegan ao Aturuxo cunha proposta envolvente, combativa e profundamente galega. Defenden o noso patrimonio cultural e natural con forza e beleza. Non é só música: é experiencia, é territorio, é feitizo. 💫🌿

Vén deixar que o folk te atravesase!