Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

O Sonoro Maxín tamén estarán no escenario do Festival Aturuxo 2025

08/05/2025

Chega unha das bandas máis celebradas da nosa música: O Sonoro Maxín! Con máis de 15 anos enriba dos escenarios, traen o seu novo disco «A primavera ten que ser nosa», unha festa de ritmos tropicais, baile e loita! 🌺✊

Formada por músicos de Lamatumbá ou Mutenrohi, levan compartido escenario con Manu Chao, Tonino Carotone ou Shantel. Palabras maiores!

O Sonoro Maxín vén prenderlle lume ao Aturuxo!! Estades preparadas/os? 🔥🐗