Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

Filophóbicas tamén se unen ó Festival Aturuxo 2025

08/05/2025

Rock-punk galego sen concesións! 🎸🔥

Filophóbicas levan dende 2016 facendo tremer o underground con letras afiadas, retranca e unha presenza escénica que é pura dinamita. Con tres discos ás costas e un cuarto en camiño, chegan ao Aturuxo para deixar claro que a forza, a lingua e a resistencia tamén se cantan (e ben forte!) 💥💜

Nada de versións, nada de bises. Só punk, verdade e berros compartidos nun escenario que vai arder! 🔥