Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

Belém tajes, outra que se une ó Festival Aturuxo 2025

08/05/2025

Belém Tajes é unha das voces máis destacadas da escena galega actual 💫 Cunha traxectoria que vai do tradicional ao pop pasando polos sons latinos, a súa proposta en solitario brilla con luz propia.

Tras formar parte de grupos como Luar na Lubre, Aliboria e Moura, chega ao Festival Aturuxo cun directo cheo de forza e emoción 🌱

Presentará Amar o Mar, o primeiro ecodisco galego, unha viaxe sonora que mestura identidade e un pop folk luminoso 🌊

Imposible perdelo! 🌀💚