Festival Aturuxo 2026 – XIV Edición – Bravos, Ourol – 18 de xullo

Pandeireteiras da Sementeira

As Pandeireteiras da Sementeira son unha formación dedicada á conservación e difusión da música tradicional galega. A través das súas voces e das pandeiretas manteñen viva unha herdanza cultural transmitida de xeración en xeración, ofrecendo actuacións cargadas de sentimento, identidade e compromiso coa nosa tradición.