Festival Aturuxo 2026 – XIV Edición – Bravos, Ourol – 18 de xullo

Xa está aquí o cartel completo do XIV Festival Aturuxo!

15/06/2026

Dous días para celebrar a música, a tradición e a cultura popular nun entorno único. Foliadas, sesión vermú, xogos populares, circo, billarda e unha noite de concertos que promete facer tremer Bravos ata altas horas. 🔥


📅 17 e 18 de xullo
📍 Bravos (Ourol)
🎟️ Entrada e acampada de balde


Veñen de volta os reencontros, as cantigas ao redor da mesa, os bailes improvisados e ese ambiente que fai do Aturuxo algo especial cada ano. 💛


Quen se apunta a vivir unha fin de semana inesquecible? 🍻🎻