Festival Aturuxo 2025 – XIII Edición – Bravos, Ourol – 18 e 19 de xullo

Filophóbicas

Filophóbicas é unha banda de rock-punk galego con letras propias de temática social e marcada retranca. Dende o seu nacemento en 2016, teñen sido un referente no underground galego, con tres discos publicados e un cuarto en camiño. A súa enerxía e autenticidade sobre o escenario fan dos seus concertos unha explosión de forza e reivindicación, sempre na nosa lingua e sen concesións a versións nin bises. Filophóbicas transforma rabia en bo ambiente e leva a súa música por salas, festivais autoxestionados, centros educativos e sociais, facendo da súa traxectoria un berro colectivo de resistencia.