Festival Aturuxo 2023 – XI Edición – Bravos, Ourol – 28 e 29 de xullo

Festa presentación en a sacabeira!!

Festa Presentación Festival Aturuxo 2023 - XI Edición en A Sacabeira

22/05/2023

A festa presentación do Festival Aturuxo 2023 – XI Edición terá lugar en A Sacabeira, en Sargadelos!! Tempo había que tiñamos ganas de facer algo coa magnífica xente deste referente cultural en A Mariña Lucense así que, qué mellor ocasión! Haberá racións de churrasco e opción vegana á venda, sorteos e sorpresas! E teremos a Charanga Alxibeira amenizando, todo nunha contorna incomparable! Só faltades vós!!

Lume!!

  • Data: 27 de maio
  • Hora: 20.30h
  • Lugar: A Sacabeira, Sargadelos