Festival Aturuxo 2023 – XI Edición – Bravos, Ourol – 28 e 29 de xullo

comida e bebida

catering seiramar

Catering Seiramar - Festival Aturuxo 2023 - XI Edición

Catering Seiramar será de novo a encargada da barra do festival! Nela non faltarán pratos, bocatas, postres e bebidas cos que coller forzas en todo momento e seguir de troula!

FOODTRUCK
LOS PIRATAS DE LOIBA

Na presente edición do festival contaremos coa presenza do foodtruck Los Piratas de Loiba! Ofrecen pratos elaborados con produtos locais e de calidade, ideal para recargar pilas e continuar coa festa!

Vasos reutilizables

Nesta edición contaremos de novo con vasos reutilizables, 1€, grandes e pequenos! Poderedes quedar con eles ou devolvelos. Se os devolvedes reembolsarásevos o importe. Tamén poderedes cambialos en calquer momento por un de menor ou maior tamaño.