Festival Aturuxo

Logo Festival Aturuxo 2023
Categorías
Bandas

No Cómbaro

No Cómbaro

O grupo de Música Tradicional No Cómbaro fórmase en As Pontes (A Coruña) no ano 2003, empezando a súa traxectoria como cuarteto tradicional con dúas gaitas, tambor é bombo. Co transcurso dos anos fóronse incorporando outros instrumentos como son a zanfona, a frauta traveseira, o clarinete, acordeón e voz hasta completar a formación actual composta por oito membros.

Os inicios das súas actuacións foron coas Alboradas e os Pasarrúas, recorrendo as comarcas do Eume, Terra Chá e Ferrolterra.

No 2006 desprazáronse ata a Bretaña francesa (Lesneven) en representación da súa vila, participaron no ano 2007 no 6º festival folclórico de Rio Tinto (Portugal), no ano 2010 asistiron ás “III Jornadas de Música Tradicional del Bierzo”, no 2011 viaxaron a Andalucía para participar no 29 Festival Internacional de Cádiz, no XXXIII Festival Irmandiño de Moeche, no Festival Folk da Fraga (2016), no Grelo Folc (2016)…….

Con este proxecto, ademáis de disfrutar tentan divulgar, dignificar e manter viva a esencia da música tradicional galega, dándolle un xeito propio con pezas de creación propia pero tamén mantendo e conservando o repertorio tradicional dos “vellos gaiteiros”.

No Cómbaro compóñeno:

Aurora: Bombo
Carlos: Clarinete
Manolo Lamas: Gaita
Diego Permuy: Gaita
Mari: Pandeireta
Diego Barro: Tambor
Javier Filgueiras: Percusión
Antía: Frauta Traveseira, Gaita e voz

Categorías
Bandas

Rebeliom do Inframundo

Rebeliom do Inframundo

Rebeliom do Inframundo é a día de hoxe un dos referentes do rap máis duro e combativo da escea galega. Mesturan letras de fonda carga crítica social con pegañentos sons, scratches e ritmos HIP-HOP.

Os de Ponteareas comenzaron a súa ascendente carreira aló polo 2005. Tras unha maqueta inicial, tres álbumes de estudio e incontables concertos por salas e festivais de toda a xeografía galega chegan ó presente 2022 no seu mellor momento todavía colleitando eloxios por parte de público e crítica do seu álbum Ilegal de 2019 e presentando xa novos temas do que será o seu novo álbum.

Categorías
Bandas

Pulpiño Viascón

Pulpiño Viascón

Home orquestra e clown afincado en A Coruña percorreu toda Europa durante 25 anos tocando con bandas galegas coma Os Diplomáticos de Monte Alto, O Jarbanzo Negro ou Bonovo. Colaborou en discos de Manu Chao ou Susana Seivane, entre outros artistas. Polifacético onde os haxa tamén xirou en salas de teatro durante tres anos presentando Los libros arden mal co escritor Manuel Rivas e traballou nos circos Kran de Suíza e Ronkalli.

Toda esta dilatada experiencia artística Pulpiño Viascón vértea nos seus shows como A Organeta, A Musicleta ou Dallecopé nos que mestura o humor coa súa peculiar música nos que interpreta composicións propias ou das bandas nas que tocou axudado de acordeón, organillo, batería e diferentes cachivaches.

Categorías
Bandas

Peter Punk

Peter Punk

Máis de 1000 funcións en varios países, programacións e espazos sitúan a Peter Punk coma un dos pallasos máis destacados e programados de Galicia.

Peter Punk Pallaso nace aló polo 2003 co espectáculo unipersoal “Chungo que te cagas” ó que lle seguirán, nos anos posteriores e de forma alterna, novos traballos unipersoales coma “A Chungatrona” e “Peor Imposible” e outros compartindo elenco con Brais das Hortas coma “Peter Punk e o neno imperdible” ou “Concerto Punkinfantil”. Todos eles o levarán a realizar actuacións en mostras, festivais e feiras en sete países de tres continentes.

Categorías
Bandas

Pesdelán

pesdelán

Coa súa música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos Pesdelán pretenden recuperar o espírito participativo das festas integrando a todas as persoas sen importar a idade, condición física ou experiencia.

Xorden da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal aló polo 2008.

Categorías
Bandas

Machina

Machina

Logo de catro álbumes nos que grabaron entre 2007 e 2013 con productores da talla de Javier Abreu, Pablo Iglesias e Iago Pico, que os levaron a tocar en salas e festivais de toda a xeografía compartindo cartaz e escenario con bandas do calibre de S.A., Habeas Corpus, Sepultura ou Berri Txarrak, e tras un parón compositivo duns anos, Machina retoman a súa actividade no 2020 co anuncio dun novo traballo acompañado da confirmación da súa presenza nun dos escenarios do Resurrection Fest.

Categorías
Bandas

Festicultores Troup

Festicultores Troupe

Festicultores Troupe son os os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia e volven á carga coa súa mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. Según eles están recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

Para este 2022 teñen preparado un novo show cheo de positividade e optimismo co que buscan contaxiar a ledicia e as ganas de vivir por tódalas festas de Galicia. Ofrecen un show fresco, actual e con moito humor.

Co seu incrible novo escenario-móbil remolcado polo seu matraquillo Tuniing Barreiros, ambos de tecnoloxía punta alieníxena-galaica convertirán o noso festival nun acontecemento único, e terapéutico, coma eles din.

Categorías
Bandas

A banda da Loba

A banda da Loba

Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana son A banda da Loba. Crearon o grupo no 2017 e non tardaron en convertirse nunhas referentes da música galega, o que lles permitiu subirse a multitude de escenarios por toda a xeografía galega.

“Bailando as rúas”, “Fábrica de luz” e “Hasme oír” son os seus traballos discográficos, habendo publicado o seu último álbum en abril deste ano, “Xabón Lagarta”, inspirado no universo vital das lavandeiras.

Os seus obxectivos principais sempre foi vencellar a súa música coa poesía galega cun estilo musical heteroxéneo propio achegado ó pop pero con moi diferentes influencias. Considéranse mulleres comprometidas coa nosa cultura e a nosa lingua, ademáis de con moi diferentes sociais, razón pola que as suas cancións falan de diversidade, de memoria histórica, delingua, de feminismo, de liberdade e de ecoloxía.