Descargar bases
A asociación A.C.R.D. Aturuxeiros de Bravos dispón as seguintes bases para poder participar na II FEIRA ARTESÁ FESTIVAL ATURUXO:
- Será necesario no momento da inscrición axuntar xustificante de estar de alta en autónomos.
- O custo total será de 10€ por stand, que serán aboados antes de montar. Poden pagar por banco (o ingreso debe estar efectivo antes do día 27 de xullo, de non ser así darase a praza o seguinte por orde de petición).
- As prazas son limitadas e iranse cubrindo por rigoroso orde de reserva.
No caso de que houbese baixas despois da adxudicación comunicaríase ó seguinte en orde para ir cubrindo as prazas ata o día anterior.
- O posto debe estar completamente montado o sábado 29 ás 11:00h. O vehículo deberá estar fóra do recinto ás 10.30h Pódese montar o venres, si así o desexan, tendo en conta que os coches deben estar fóra do recinto ás 20.30h sendo esta tarde incluída no mesmo prezo.
- Non se poderá meter vehículo no recinto mentres dure o festival sen permiso expreso e acompañado ben de persoal autorizado, ben de protección civil.
- A organización pon a disposición do usuario da feira un stand de 2m. de mesa con un teito de tela.
- Achegará un ou varios (según se precise) puntos de enganche de luz.
(Correrá a conta do usuario ter os alargues necesarios para achegala o seu posto)
- Aportaremos un saco do lixo para recoller todo o que se precise traer.
É responsabilidade do usuario:
- Traer os panos con que cubrir a mesa.
- Si se previse choiva correrá a conta do usuario dispor de lona (preferible lona non plástico) para cubrir o posto.
- Traer o alargue preciso para coller luz (se a necesita) .
- Deixar o posto limpo e o lixo no punto que se habilite para tal fin.
- Corre da súa conta a vixilancia e coidado das súas mercancías. A organización non se fará cargo de danos ou roubos de mercancía.
- Cumprir os horarios de apertura, peche e movemento de vehículos.
- Coidar o stand e o entorno. Debe quedar todo nas mesmas condicións nas que foi entregado. Se houbese danos deberá ser o usuario da feira o que corra cos gastos do desperfecto.
A organización do festival resérvase o dereito a cambios ou modificacións de última hora sempre que sexan en beneficio do bon funcionamento do festival.
O incumprimento das normas anteriores sería causa de expulsión do recinto si a organización o considera oportuno, sen dereito de reembolso do custo da feira.