Festival Aturuxo 2024 – XII Edición – Bravos, Ourol – 19 e 20 de xullo

Categorías
Novas 2024

Manu Kasoaparte tamén se une!!

Manu Kasoaparte tamén se une!

23/05/2024

Ben coñecido na escena punk galega traerá ó noso festival a súa particular visión musical do mundo na que combina melodías punk con incisivas letras poéticas. Un caso aparte! Lume!

Categorías
Artistas/bandas 2024

Zé Pequeno

Zé Pequeno

O burelés Zé Pequeno (Emilio López, ex-Skornabois), cantante e produtor de Safari Orquestra, comezou a súa carreira como DJ xa hai uns anos e, dende entón, leva animando coas súas sesións diferentes festivais, pubs e clubs tanto da xeografía galega como española, convertíndose así nun dos DJs máis influentes de Galiza. Foi DJ residente durante varios anos en A Casa das Crechas en Compostela, onde comezou a interesarse pola World Music que combina elementos de diferentes culturas e tradicións musicais e na cal basea as súas actuacións. Ídevolo perder?

Categorías
Novas 2024

Zé Pequeno, outro que se une ó Festival Aturuxo 2024!!

Zé Pequeno, outro que se une ó Festival Aturuxo 2024!

23/05/2024

O burelés Emilio López (ex-Scornabois, cantante e produtor de Safari Orquestra) leva anos animando coas súas sesións festivais, pubs e clubs dentro e fóra da xeografía galega. Nesta edición traerá ó noso festival o seu estilo World Music que combina elementos de diferentes tradicións e culturas musicais! Lume!

Categorías
Artistas/bandas 2024

Pakolas

Pakolas

Nome artístico de Francisco Manuel Cerdeira Castiñeiras, recoñecido músico, compositor, produtor e figura emblemática da música infantil galega. A súa traxectoria musical comezou como membro do grupo Mamá Cabra, e máis tarde, en 2014, creou a banda A Gramola Gominola, coa que lanzou varios traballos discográficos orientados ao público máis novo.

O seu debut en solitario chegou en 2017 co álbum “Pakolas”, publicado por Editorial Galaxia na súa colección Sonárbore. Este traballo foi seguido por “Ramona Órbita, a Dona do Tempo” en 2020 e “A Ramona Pequena vai á Lúa” en 2023, ambos tamén acompañados de libros ilustrados por Laura Romero.

Pakolas destaca pola súa capacidade de conectar coa rapazada a través da música, combinando letras educativas con melodías pegadizas. O seu estilo único e a súa dedicación á música infantil foron recoñecidos con varios premios, incluíndo o XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña e sendo finalista varias veces no Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil.

Os concertos de Pakolas son coñecidos pola súa enerxía e a súa capacidade de involucrar ao público de todas as idades, facendo dos seus espectáculos unha experiencia inesquecible para as familias! Non volo perdades!

Categorías
Novas 2024

Nesta edición tamén contaremos con Pakolas!!

Nesta edición tamén contaremos con Pakolas!

23/05/2024

O emblemático e recoñecido artista da escea músical infantil/familiar galega pisará Bravos nesta edición do festival para facernos gozar co seu rock a peques e non tan peques con temas míticos coma Rock da roda rota, Manolo Cavernario ou Pícame o cu! Lume!