Festival Aturuxo 2023 – XI Edición – Bravos, Ourol – 28 e 29 de xullo

Categorías
Novas 2023

Pauliña!!

Pauliña!!

Pauliña

16/04/2023

Pechamos a rolda de anuncios con Pauliña, unha das artistas galegas máis recoñecidas e versátiles do momento!! Nesta edición do festival poderemos gozar da súa potente e expresiva voz coa que mestura xéneros coma o rock, o blues, o country ou o hip-hop con letras sinceras e reivindicativas!!

Lume!!

Categorías
Novas 2023

Mekanika Rolling Band!!

Mekanika rolling band!!

15/04/2023

Mekanika Rolling Band traerán ó Festival Aturuxo 2023 a súa fusión de rock, ska, reggae e funk coa tradición musical galega!! Máis de dez anos levan estes coruñeses ofrecendo actuacións a pé de rúa cheas de vitalidade, humor e compromiso social por todo o territorio galego!! 

Mañá último anuncio! Lume!!

Categorías
Novas 2023

García Mc & Nación Quilombo!!

GARcía MC & nación quilombo!!

14/04/2023

García Mc & Nación Quilombo tamén se suman ó cartel do Festival Aturuxo 2023!! García Mc, referente do hip-hop galego e Nación Quilombo, o seu último proxecto, no que fusiona ritmos de África, América Latina e Asia co rap, crearán unha mestura explosiva de enerxía e diversidade no escenario do noso festival!! Mañá outro anuncio!! Lume!!

Categorías
Novas 2023

Charanga Alxibeira!!

Charanga Alxibeira!!

13/04/2023

Charanga Alxibeira, outros que se unen á festa! Co seu repertorio variado e divertido farannos bailar e gozar a base de temas tradicionais, modernos e adaptacións nos que non van faltar a gaita, o bombo, ou o saxo!! Mañá outro anuncio! Lume!!

Categorías
Novas 2023

Arrhythmia!!

Arrhythmia!!

12/04/2023

Arrhythmia tamén se unen á XI Edición do Festival Aturuxo!! Os lucenses, liderados por Alberto Busto, serán os encargados este ano de subir os decibelios no festival a base de riffs e letras contundentes combinando rock, metal, rap e electrónica!! Mañá outro anuncio!! Lume!!

Categorías
Bandas 2023

Arrhythmia

Arrhythmia

Arrhythmia é unha banda de metal de Lugo que combina elementos de rap, metal e electrónica na súa música. Despois de 7 anos medrando no panorama galego, a banda lanzou o seu último traballo titulado “I” en 2022. Mención especial merecen o Band Contest do Resurrection Fest que gañaron, xunto con outras dúas bandas, no 2019, entre máis de 600, e 2 Premios Martín Códax na categoría de Metal e Heavy, o primeiro recibido no 2018 e o segundo a principios de xuño deste ano. Pouco máis ten que dicir que van ser os encargados de subir os decibelios na XI edición do noso festival cos seus potentes riffs e letras contundentes a base de ben!!

Categorías
Novas 2023

Airiños da Freba!!

Airiños da Freba!!

11/04/2023

Comezamos a rolda de anuncios con Airiños da Freba!! Este grupo de música tradicional galega inspirada en cuartetos, quintetos e pequenas orquestriñas da provincia de Lugo dos anos 30,40 e 50 poñerannos a bailar a base de ben nesta edición do festival!! Mañá outro anuncio! Lume!!

Categorías
Novas 2023

Martes 11, primeiro anuncio!

Martes 11, primeiro anuncio!

O vindeiro martes 11 anunciaremos a primeira banda que conforma o cartel do Festival Aturuxo 2023 – XI Edición!! Atentas/os ás nas nosas redes e páxina web!! Lume!!!