Festival Aturuxo 2023 – XI Edición – Bravos, Ourol – 28 e 29 de xullo

Categorías
Novas 2022

Xa temos as camisetas do Festival Aturuxo 2022!

Xa temos as camisetas do Festival Aturuxo 2022!

Tallas 3XL, XXL, XL, L, M, S e nena/o 5-6, 9-10, 11-12

  • Festival Aturuxo 2022
    • 10€ reserva
    • 12€ no festival
  • Festival Aturuxo X Aniversario15€ edición especial prezo único

Reserva no 661886552 ata o 28 de Xullo!

Lume!!

Máis info. no apartado festivalaturuxo.gal/merchan!

Camisetas Festival Aturuxo
Categorías
Novas 2022

Horarios e paradas do autobús do Festival Aturuxo 2022!

Horarios e paradas do autobús do Festival Aturuxo 2022!

Horarios e as paradas do autobús (de balde) que ó longo do sábado 30 estará facendo o percorrido entre o Festival Aturuxo e a Estación de Autobuses de Viveiro no noso apartado festivalaturuxo.gal/buses!

Lume!!

Categorías
Bandas 2022

No Cómbaro

No Cómbaro

O grupo de Música Tradicional No Cómbaro fórmase en As Pontes (A Coruña) no ano 2003, empezando a súa traxectoria como cuarteto tradicional con dúas gaitas, tambor é bombo. Co transcurso dos anos fóronse incorporando outros instrumentos como son a zanfona, a frauta traveseira, o clarinete, acordeón e voz hasta completar a formación actual composta por oito membros.

Os inicios das súas actuacións foron coas Alboradas e os Pasarrúas, recorrendo as comarcas do Eume, Terra Chá e Ferrolterra.

No 2006 desprazáronse ata a Bretaña francesa (Lesneven) en representación da súa vila, participaron no ano 2007 no 6º festival folclórico de Rio Tinto (Portugal), no ano 2010 asistiron ás “III Jornadas de Música Tradicional del Bierzo”, no 2011 viaxaron a Andalucía para participar no 29 Festival Internacional de Cádiz, no XXXIII Festival Irmandiño de Moeche, no Festival Folk da Fraga (2016), no Grelo Folc (2016)…….

Con este proxecto, ademáis de disfrutar tentan divulgar, dignificar e manter viva a esencia da música tradicional galega, dándolle un xeito propio con pezas de creación propia pero tamén mantendo e conservando o repertorio tradicional dos “vellos gaiteiros”.

No Cómbaro compóñeno:

Aurora: Bombo
Carlos: Clarinete
Manolo Lamas: Gaita
Diego Permuy: Gaita
Mari: Pandeireta
Diego Barro: Tambor
Javier Filgueiras: Percusión
Antía: Frauta Traveseira, Gaita e voz

Categorías
Novas 2022

Na rúa e na festa, o machismo apesta!

Na rúa e na festa, o machismo apesta!!!

No Festival Aturuxo estamos en contra de calquer tipo agresión machista, e este ano contamos coas amigas do Colectivo Bumei de Burela para facer labores de información e axuda. Se te sentes intimidada, non dúbides en acudir ó punto lilá!
 
Na rúa e na festa, o machismo apesta!!!
 
Veña que xa queda menos, lume!!
Categorías
Novas 2022

Xogos e aberto de billarda

XOGOS E ABERTO DE BILLARDA

Como en tódalas edicións non poden faltar os xogos para pasar a tarde correndo e brincando. Nesta ademáis contaremos cun aberto de billarda. Os nosos amigos de Xotramu e os da A.C.D. O Varal, respectivamente, serán os encargados desta parte lúdica do festival que esperemos vos gusten a todas e todos!
 
Veña que xa queda menos, lume!!